POLITICA DE CALIDADE
AIXIÑA é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como MISIÓN traballar por e para as persoas con discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral, terceira idade dependente e as súas familias, adaptando a nosa resposta ás súas necesidades e expectativas a través e múltiples programas e servizos, co valor engadido dun trato persoal, próximo e normalizador, co fin de acadar a plena integración das persoas en tódolos ámbitos da vida (social, cultural e laboral).
Para acadar o obxectivo de integración laboral das persoas con discapacidade AIXIÑA xestiona un Centro Especial de Emprego. Unha das súas actividades é a de restauración, que leva funcionando dende o ano 2001 e que conta cunha cociña central sita no edificio da entidade. Esta sección responde as liñas de traballo da asociación e ten como actividade fundamental a prestación do servizo de restauración no local e mediante catering.
AIXIÑA quere que os seus servizos sexan sinónimo de confianza e de calidade para os seus clientes, comprometéndose a implementar as acción oportunas para dar resposta ás necesidades cambiantes dos seus grupos de interese, respectando o medioambiente, cumprindo a normativa vixente no momento e mellorando continuamente a eficacia do seu Sistema de Xestión.
A Xerencia de Aixiña está firmemente comprometida co desenvolvemento desta política de calidade como ferramenta de cabeceira que guíe as actuacións.
En Ourense, a 30/05/2023
Asdo.- A Xerencia de AIXIÑA